No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución literalmente din:
Sentenza:
Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Tudela Guerrero.
Lugar: Ferrol.
Data: vinte e seis de febreiro de dous mil catorce.
Demandante: BNP Paribas Lease Group, S.A.
Avogada: Miriam Delgado Sendra.
Procurador: Juan Fernando Garmendia Díaz.
Demandados: Trabajos Agrícolas José y Andrés, S.L., Andrés Fernández Graña, José Iglesias Fernández, Ramira Graña Martín, María Monserrat Fernández Graña.
Avogado: Míguez Durán.
Procurador: Naveiras Pita.
Procedemento ordinario 714/2013.
Resolución:
Estimo en parte a demanda presentada por BNP Paribas Lease Group, S.A. contra Trabajos Agrícolas José y Andrés, S.L., Andrés Fernández Graña, José Iglesias Fernández, Ramira Graña Martín e María Monserrat Fernández Graña e condeno os segundos a aboar á primeira:
1. Un principal de dezaoito mil catrocentos setenta e seis euros, con dezaseis céntimos (18.476,16 euros).
2. As cantidades parciais de 9.490,45 euros e de 8.985,71 euros xeran os intereses do 12 por cento desde a data das respectivas liquidacións, 29.11.2011 e 29.5.2012.
3. Non procede realizar condena en custas.
Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación que se interpoñerá, ante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial. De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da LOPX, nos seus puntos 4 e seguintes, para a interposición do devandito recurso será precisa a consignación como depósito de 50 euros, cantidade que será ingresada na conta de consignacións xudiciais deste xulgado.
Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Iglesias Fernández, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.
Ferrol, 26 de febreiro de 2014
O secretario xudicial