Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18070

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4569/2013-MJC).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 4569/2013-MJC.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1000/2012, Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Delfín Moldes Pintos.

Avogada: Cristina Gómez Liñares.

Recorridos: Fogasa, Servicio Gallego de Prevención Riesgos Laborales, Ministerio Fiscal, Antonio Toca Carús, Manuel Sanchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende.

Avogada: Celeste María Barco Vega.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4569/2013 desta sección, seguido por instancia de Delfín Moldes Pintos contra o Fogasa, o Servicio Gallego de Prevención Riesgos Laborales, o Ministerio Fiscal, Antonio Toca Carús, Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende, sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto por Delfín Moldes Pintos contra a sentenza do 10 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en autos seguidos por instancia do recorrente contra a mercantil Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel e outros); a Sala confírmaa integramente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatamente seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo do concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste, para os efectos de publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende e Antonio Toca Carús, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial