Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17182

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4453/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4453/2013 desta sección, seguido por instancia de Logística Cecarmi Lugo, S.L., Jucarmi Logística, S.L. contra a empresa Reguera Trans, S.L., Explotación Agrícola Ifre, S.L. e Fatai Akande Aransiola sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos.

Estimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada Sabela Lage Díaz, en nome e representación das entidades mercantís Logística Cercami Lugo, S.L. e Jucarmi Logística, S.L., contra a sentenza do 12 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, no procedemento 490/2013, seguido sobre resolución de contrato e reclamación de cantidades, absolvendo ambas as codemandadas da petición deducida na demanda. Confirmámola en canto ao resto, coa única excepción de deducir a cantidade de 3.007,82 euros, pois xa foi aboada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación a Explotación Agrícola Ifre, S.L., con último domicilio coñecido en Puerta del Campo s/n. San Ildefonso. Segovia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial