Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17180

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5631/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5631/2011 desta sección, formulado por Televisión de Galicia, S.A., nos autos seguido por instancia de Verónica Pita Santamaría contra as empresas Televisión de Galicia, S.A. e Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A., despois sucedida por Laborman Empresa de Trabajo Temporal, S.A., na cal se subrogou Randstad Empleo ETT, S.A., e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva e a seguinte:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Susana Fernández Veiguela, na representación que ten acreditada da empresa Televisión de Galicia, S.A., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, con data do 30 de setembro de 2011, en autos seguidos por instancia de Verónica Pita Santamaría contra a recorrente e as empresas Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A., Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A. e Randstad Empleo Empresa de Trabajo Temporal, S.A., sobre recoñecemento de dereito e cantidade, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada, impoñéndolle á recorrente as custas do recurso, con inclusión da cantidade de trescentos euros (300 €) en concepto.

Acórdase a perda do depósito constituído e das cantidades consignadas para os efectos do recurso, aos cales se lles dará o destino legal, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Laborman Empresa de Trabajo Temporal, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2014

A secretaria xudicial