Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17179

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3192/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3192/2013, seguido por instancia de Carlos Rodríguez Agrafojo contra Fogasa, Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., Neo Energy Solutions Europe, S.L., Rann Logisti, S.L. sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Recibido o anterior escrito encabezado pola letrada Sra. Estévez Fontenla, en representación do, no seu día, demandante Juan Carlos Rodríguez Agrafojo, únase á peza. Considérase interposto recurso de reposición contra a D.O. do 18.2.2014 pola que se declaraba firme a sentenza ditada por esta sala. Déase traslado á contraparte, polo prazo de cinco días, co fin de que o poida impugnar, se o coida conveniente.

Así o acordo e asino».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación a Neo Energy Solutions Europe, S.L., Rann Logisti, S.L. e Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., con últimos domicilios coñecidos en Santiago de Compostela -advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento-, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial