Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17177

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve o procedemento para a reavaliación do posto de xefe da Sección de Pediatría, iniciado pola Resolución RE-01/2013, do 12 de decembro de 2013.

Iniciado por Resolución RE-01/2013, do 12 de decembro de 2013, o procedemento para a reavaliación do posto de xefe da Sección de Pediatría, esta xerencia, de conformidade co establecido no artigo 43 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Resolución da Consellería de Sanidade do 13 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo), pola que se procede a publicar a Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, en virtude do establecido no Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 193/2010, do 18 de novembro (DOG nº 229, do 29 de novembro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada de Ferrol e na Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ferrol e se delegan competencias nos órganos directivos e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver o procedemento para a reavaliación do posto de xefe da Sección de Pediatría convocado pola Resolución RE-01/2013, do 12 de decembro de 2013.

Segundo. Prorrogar por un período de catro anos o nomeamento como xefe da Sección de Pediatría da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, da persoa relacionada no anexo da presente resolución.

Ferrol, 19 de marzo de 2014

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe da Sección de Pediatría.

Nome e apelidos: José Eduardo Luaces González.

DNI: 32624125-M.