Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17184

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4612/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4612/2013 -RF- desta sala, seguido por instancia de Cristina Figueiras Icasuriaga contra Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Concello de Arteixo (A Coruña), Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e Admón. concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que estimando o recurso de suplicación articulado por Cristina Figueiras Icasuriaga contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 desta cidade, do 24 de maio de 2013, en autos nº 1288/2012, sobre despedimento, instados por aquela fronte a Galicia Saudade, S.L., a súa Administración concursal, o Concello de Arteixo, a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e o Fogasa, revogamos a sentenza de instancia no puntual aspecto relativo a que a condena ao pagamento dos salarios de tramitación que a resolución de instancia impuxo a Galicia Saudade, S.L. e á súa administración concursal se debe estender, con carácter solidario, á empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., mantendo no demais os pronunciamentos da parte dispositiva da sentenza de instancia. Non se fai expresa imposición de custas do recurso. Débeselles dar aos depósitos e consignacións, se os houber, o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Galicia Saudade, S.L., con último domicilio coñecido na avda. Rosalía de Castro, 5, 1º D, Ponteareas, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial