Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17186

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5855-11 CG).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5855/2011.

xulgado de orixe/autos: demanda 16/2011 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Blockgandara, S.L. e José Antonio Pereira Lemos.

Avogados: Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial), Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial), Guillermo Barros Arias-Castro.

Procurador: Javier Garaizabal García de los Reyes.

Maria Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5855/2011 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Blockgandara, S.L. e José Antonio Pereira Lemos, sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación articulado pola Mutua Gallega contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 10 de xuño de 2011, en autos nº 16/2011, sobre incapacidade permanente, instados por José Antonio Pereira Lemos contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega e a empresa Blockgandara, S.L., confirmamos a resolución da instancia e impomos á Mutua recorrente o aboamento das custas do recurso, que incluirán os honorarios do letrado da parte demandante que impugna en contía de 300 euros. Débese dar aos depósitos e consignacións, se os houber, o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles sabere que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Blockgandara, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Bouzavedra, San Xurxo de Salceda, Salceda de Caselas, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de marzo de 2014

A secretaria xudicial