Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17188

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (SU 495/2012-MDM).

Recorrente/s: Víctor García Ruiz.

Avogado/a: Enrique Paulino Cornide Rodríguez.

Recorrido/s: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tracim, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa.

Avogado/a: Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial), Carlos Enrique Ojea Carballeira.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 495/2012 desta sección, seguido por instancia de Víctor García Ruiz contra as entidades Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tracim, S.L. e Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, sobre accidente de grao, foi ditada sentenza con data do 21 de febreiro de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Enrique Cornide Rodríguez, actuando en nome e representación de Víctor García Ruiz, contra a sentenza do 16 de novembro de dous mil once ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en autos 623/2011, seguidos por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa e a empresa Tracim, S.L. debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tracim, S.L., en ignorado paradoiro, expido este ediccto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial