Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1023/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1023/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Concepción Espiño Liñares contra a empresa Ramón Carlín Couto, S.L., Mercedes González Noal, Ramón Carlín Couto, S.C., Ramón Carlín Cebreiros, S.C., Ramón Carlín Couto, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) e Miguel Cebreiros Blas, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión:

Tense a Concepción Espiño Liñares por desistida da demanda de despedimento interposta contra Ramón Carlín Cebreiros, S.C., Ramón Carlín Couto, S.C., Mercedes González Noal, Miguel Cebreiros e Ramón Carlín Couto, con arquivamento do presente procedemento respecto deles.

Tense a Concepción Espiño Liñares por desistida da petición principal contida na demanda de despedimento que deu orixe ao presente procedemento acerca da declaración de nulidade do despedimento.

Que estimando integramente a demanda interposta por Concepción Espiño Liñares contra Ramón Carlín Couto, S.L. e o Fogasa, declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada con efectos do 6 de novembro de 2012 e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que vinculaba a Concepción Espiño Liñares con Ramón Carlín Couto, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de once mil cincocentos oitenta e nove euros con vinte e catro céntimos (11.589,24 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o previsto no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ramón Carlín Cebreiros, S.C., Ramón Carlín Couto, S.C., Ramón Carlín Couto, Mercedes Gómez Noal, Miguel Cebreiros Blas, expido o presente edicto, que se inserirá no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

A secretaria xudicial