Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (808/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 808/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muíño Turnes contra a empresa Inaltel, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Presentada demanda por instancia de Daniel Muíño Turnes asistido pola letrada Sra. Vázquez Bol, contra a entidade Inaltel, S.A. e Fogasa, sobre despedimento/cesamento en xeral, acórdase a inadecuación do procedemento formulada de oficio por esta xulgadora e declárase que a acción exercida neste proceso non pode ser tramitada conforme a modalidade procesual de despedimento, senón que debe ser canalizada a través dos trámites propios do procedemento ordinario laboral, absolvendo a demandada das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

A secretaria xudicial