Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1026/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1026/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Rey Varela contra a empresa Confecciones A Baña, S.L. Unipersoal, administradora concursal Josefa C. Rúa Gayo, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Pilar Rey Varela, representada e asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Confecciones A Baña, S.L. Unipersoal (declarada en concurso, sendo a administradora concursal Josefa C. Rúa Gayo), e contra o Fogasa, que non comparecen neste acto malia estar debidamente citados, sobre despedimento obxectivo individual, e en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral a data de sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame (ao non ser posible a readmisión por cesamento da actividade da empresa).

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 9.588,12 €.

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselle ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa demandada Confecciones A Baña, S.L. Unipersoal, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

A secretaria xudicial