Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16278

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1192/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1192/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Pérez Fernández, Carlos Bello Porca, Óscar Manuel Martínez Cameán, Lourdes Pardiño Rial, Vanessa Sieira Martínez, Francisco Javier Barros Cernadas, María Monserrat Rama Caamaño contra a empresa Ambulancias Carballo, S.L., administración concursal de Ambulancias Carballo e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 28.11.2011 tivo entrada neste xulgado do social demanda de cantidade presentada por Raúl Pérez Fernández, Carlos Bello Porca, Óscar Manuel Martínez Cameán, Lourdes Pardiño Rial, Vanessa Sieira Martínez, Francisco Javier Barros Cernadas, María Monserrat Rama Caamaño fronte a Ambulancias Carballo, S.L., administración concursal de Ambulancias Carballo e o Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 3.4.2014 ás 10.00 horas.

Terceiro. No acto de conciliación/xuízo a parte demandante manifestou que desiste da acción interposta, mediante escrito presentado o día 19.2.2014.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso, procede considerar que o demandante desiste da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que Raúl Pérez Fernández, Carlos Bello Porca, Óscar Manuel Martínez Cameán, Lourdes Pardiño Rial, Vanessa Sieira Martínez, Francisco Javier Barros Cernadas, María Monserrat Rama Caamaño desisten da súa demanda fronte a Ambulancias Carballo, S.L., administración concursal de Ambulancias Carballo e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta do Banesto, debendo indicar no campo concepto, “recurso”, seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Ambulancias Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2014

A secretaria xudicial