Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15784

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

EDICTO de expediente de recollida e traslado de restos humanos.

Téndose solicitado nesta Alcaldía por parroquia de Arca licenza municipal para drenaxe perimetral da igrexa de Arca, onde poden aparecer restos cadavéricos, cumprindo o disposto nos artigos 57 e 61 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, concédese un prazo de tres meses co fin de que as familias dos inhumados poidan adoptar as medidas que o ordenamento xurídico lle permita.

O Pino, 12 de marzo de 2014

Manuel Taboada Vigo
Alcalde