Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15781

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ACORDO do 7 de marzo de 2014, da Xunta de Goberno Local, sobre a aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a apertura de vía na Pedreira-Bemantes.

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria realizada o día 7 de marzo de 2014, adoptou o acordo que se transcribe a seguir:

Visto o expediente tramitado para levar a cabo a expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para proceder á apertura dunha vía pública na zona da Pedreira, na parroquia de Bemantes.

Visto que o expediente se someteu á exposición pública polo prazo dun mes e que se procedeu así mesmo á notificación individual das taxacións aos titulares de bens e dereitos.

Visto que durante o prazo de exposición pública se efectuaron alegacións por parte de Antonio Sabín González.

Visto que con data do 24.2.2014 se emitiu informe técnico no cal se propón aceptar parcialmente as alegacións presentadas.

Despois de examinar os informes técnicos e xurídicos que constan no expediente, a Xunta de Goberno Local, por maioría absoluta e unanimidade dos concelleiros asistentes (cinco dun total de cinco), acorda:

Primeiro. Aceptar parcialmente as alegacións presentadas por Antonio Sabín González, en virtude do informe emitido polos servizos técnicos municipais, do cal se achegará copia, sendo o prezo para a parcela A de 14,90 euros/m2, entendendo con el as seguintes actuacións no expediente, na súa calidade de herdeiro.

Segundo. Aprobar definitivamente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para proceder á apertura dunha vía pública na zona da Pedreira, na parroquia de Bemantes, para os efectos previstos nos artigos 143 e 144 da Louga.

Terceiro. Notificarlles esta resolución de forma individualizada aos interesados titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, aos cales se lles achegará a correspondente folla de valoración e conferiráselles un prazo de 20 días hábiles, durante o cal poderán manifestar por escrito ante este concello a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, en cuxo caso se dará traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación para os efectos de fixar o prezo xusto, coa advertencia de que, unha vez transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixa na presente resolución aprobatoria do expediente e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade co artigo 143, números 7 e 8, da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia.

Cuarto. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro municipal. Esta publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos que se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, dentro do prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da data de notificación ou publicación, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o propio órgano que a ditou, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de notificación desta resolución, en cuxo caso, ata que sexa resolto expresamente ou se produza o seu presunto rexeitamento por silencio, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo, todo isto segundo os artigos 48, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Todo isto sen prexuízo de que, en caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñan dun prazo de vinte días para manifestar a súa desconformidade ante o Concello de Miño, tal como se indica no punto terceiro da resolución.

Miño, 19 de marzo de 2014

Jesús Veiga Sabín
Alcalde

ANEXO
Relación de propietarios e parcelas afectadas polo expediente de expropiación

Predio
expte.

Propietario/a

Domicilio

Ref. catastral

Superf.
(m²)

1

Antonio Sabín González

Bemantes, nº 1, Miño

6891603NH6969S0001KK

113,45

2

Olimpia López Viaduro

Bemantes, nº 6 A, Miño

6891602NH6969S0001KK

20,92