Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Anuncio de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal de Concello de Portomarín para uso compatible hoteleiro no solo urbano e apertura de rúas de nova creación en Portomarín.

De conformidade co establecido no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal de Concello de Portomarín para uso compatible hoteleiro no solo urbano e apertura de rúas de nova creación en Portomarín, aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do día 11 de marzo de 2014, polo prazo de dous meses desde a última das preceptivas publicacións no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de máxima difusión da provincia.

Portomarín, 22 de marzo de 2014

Juan Carlos Serrano López
Alcalde