Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15678

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (561/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 561/2013, por instancia de Benigno Calviño Presedo contra a empresa Bloquera Forjados Noroeste, S.L., administración concursal de Bloquera Forjados Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu auto de aclaración da sentenza con data do 5 de marzo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Procede a aclaración da sentenza do 16 de xaneiro de 2014, que quedará como segue:

Estímase a demanda interposta por Benigno Calviño Presedo contra Bloquera Forjados Noroeste, S.L., o seu administrador concursal, Ramón Bescos Pazos, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Bloquera Forjados Noroeste, S.L. ao demandante.

– Condénase a empresa Bloquera Forjados Noroeste, S.L. a que, á elección do traballador, manifestada no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, readmita o demandante ou lle aboe unha indemnización de 25.639,19 euros, con aboamento, en ambos os casos, dos salarios de tramitación que, ata esta sentenza, ascenden á cantidade de 13.262,34 euros, aos cales se terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 48,58 euros diarios, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria xudicial.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Bloquera Forjados Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de marzo de 2014

A secretaria xudicial