Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15680

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (561/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 561/2013, por instancia de Benigno Calviño Presedo contra a empresa Bloquera Forjados Noroeste, S.L., administración concursal de Bloquera Forjados Noroeste, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 16 de xaneiro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión

Estímase a demanda interposta por Benigno Calviño Presedo contra a entidade Bloquera Forjados Noroeste, S.L., o seu administrador concursal, Ramón Bescos Pazos, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Bloquera Forjados Noroeste, S.L. ao demandante.

Condénase a empresa Bloquera Forjados Noroeste, S.L. a que, á elección do traballador, manifestada no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, readmita o demandante ou lle aboe unha indemnización de 25.639,19 euros, con aboamento, en ambos os casos, dos salarios de tramitación que, ata esta sentenza, ascenden á cantidade de 25.639,19 euros, aos cales se terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 38,58 euros diarios, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Bloquera Forjados Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de marzo de 2014

A secretaria xudicial