Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (35/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 35/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Migual Arufe Santos contra a empresa Mourepan, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 14 de marzo de 2014, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva do decreto.

Acordo:

a) Declarar a executada Mourepan, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 3.715,45 euros en concepto de principal, máis 533,40 euros de xuros de mora, máis 424,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Expedir mandamento ao Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela para anotar a insolvencia da executada.

c) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0035 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0035 14. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Mourepan, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial