Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15676

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (115/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 115/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ibermutuamur, S.L.U. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Edificaciones e Infraestructuras, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Estimo parcialmente a acción exercida por Ibermutuamur, S.L.U. contra a empresa Edificaciones e Infraestructuras, S.A., con condena á citada empresa a lle aboar á parte demandante a cantidade de 2.700 euros.

2º. Desestimo a acción exercida fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1153.0000.36.115.12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1153.0000.60.115.12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para sirva de notificación en legal forma a Edificaciones e Infraestructuras, S.A., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2014

O secretario xudicial