Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15674

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (379/2010).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 379/10, seguido por instancia da Comunidade de propietarios do nº 174 da rúa Ramón Cabanillas de Moaña fronte a Mercantil Aedificator, S.L., Mercantil Construcciones Alfonso Pérez, S.L. e José Luis Sans Boga, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 38/2013.

Cangas, 30 de abril de 2013.

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento ordinario nº 379/2010, seguido entre partes, dunha como demandante Comunidade de propietarios do número 174 da rúa Ramón Cabanillas de Moaña (Pontevedra), representada pola procuradora Sra. Enríquez Lolo e asistida da letrada Sra. Hernández García, e doutra como demandada a entidade Mercantil Adeificator, S.L., a entidade Mercantil Construcciones Alfonso Pérez, S.L. e José Luis Sanz Boga, todos eles en situación de rebeldía procesual.

Fallo que estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual da Comunidade de propietarios do número 174 da rúa Ramón Cabanillas de Moaña (Pontevedra) contra a entidade Mercantil Adeificator, S.L., a entidade Mercantil Construcciones Alfonso Pérez, S.L. e José Luis Sanz Boga, e en consecuencia:

1. Declárase a responsabilidade solidaria de todos os demandados neste procedemento pola súa participación nos danos materiais derivados de vicios e defectos construtivos reclamados pola demandante, manifestados no inmoble da comunidade demandante descritos na demanda.

2. Condénanse os demandados a pagar a reparación necesaria de conformidade co informe pericial achegado como documento número nove da demanda e das facturas achegadas como documentos números 29 e 30, por importe de corenta e catro mil cincocentos noventa euros con sesenta e tres céntimos, coa súa actualización ao día da sentenza mediante os correspondentes xuros legais desde a data da interpretación xudicial.

E todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgada en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os devanditos demandados Mercantil Construcciones Alfonso Pérez, S.L. e José Luis Sans Boga en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Cangas, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial