Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15671

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1308/2011).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza nº 710.

En Vigo o vinte de decembro de dous mil trece.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), os presentes autos de procedemento sobre garda e custodia e alimentos respecto a fillo menor de idade tido en relación non matrimonial, seguidos co número 1308/11, por instancia de Kelly Mendes Alves Pereira, representada pola procuradora Sra. Robés Cabaleiro, baixo a dirección técnica da letrada Sra. Alonso Martínez, fronte a Genis Soares Gonçalves, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución.

Estimando parcialmente como estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Robés Cabaleiro, en nome e representación de Kelly Mendes Alvez Pereira, fronte a Genis Soares Gonçalves, decreto as seguintes medidas definitivas en relación co fillo menor dos litigantes:

1. Atribúese á nai a garda e custodia do fillo, ben que a titularidade da patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

2. Establécese a favor do pai o seguinte réxime de visitas:

Poderá visitar o seu fillo na forma en que acorden ambos os proxenitores e, en defecto de acordo, durante un mes durante as vacacións de verán, considerándose tal o período comprendido entre as 16.00 horas do día 21 de xuño e as 10.00 horas do día 1 de setembro, debendo realizarse as devanditas visitas dentro do territorio español e sen pasar a noite co pai, de maneira que o recollerá todos os días dese mes do domicilio materno ás 12.00 da mañá e o devolverá ao mesmo sitio ás 20.00 horas.

Para o desfrute de tales visitas, o Sr. Soares deberá comunicar á nai, con polo menos quince días de antelación, o mes elixido por el para tal fin.

3. O Sr. García Misa deberá aboar, en concepto de alimentos para o seu fillo, a suma de 150 euros mensuais, que deberá ingresar, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a demandante. A devandita cantidade será actualizable anualmente, cada mes de decembro, conforme as variacións que experimente o IPC.

Os gastos extraordinarios que orixine o menor, serán sufragados por metade por cada un dos proxenitores, entendéndose por tales, entre outros, os médicos e farmacéuticos extraordinarios non cubertos pola Seguridade Social.

Todo iso, sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Esta resolución, que se notificará ás partes, non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así por esta sentenza, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Da resolución antes indicada ditouse auto aclaratorio que na parte dispositiva di:

Procede a emenda do erro cometido na resolución da Sentenza do 20 de decembro de 2013 ditada neste procedemento no punto terceiro e polo tanto onde consta. «3. O Sr. García Misa deberá aboar, en concepto de alimentos para o seu fillo, a suma de 150 euros mensuais, que deberá ingresar, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a demandante. A devandita cantidade será actualizable anualmente, cada mes de decembro, conforme as variacións que experimente o IPC». De dicir «3. O Sr. Soares Gonçalves deberá aboar, en concepto de alimentos para o seu fillo, a suma de 150 euros mensuais, que deberá ingresar, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a demandante. A devandita cantidade será actualizable anualmente, cada mes de decembro, conforme as variacións que experimente o IPC», manténdose o resto dos pronunciamentos contidos na resolución que se aclara.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a solicitude.

Así o acorda, manda e asina María Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo.

E para que conste e sirva de notificación a Genis Soares Gonçalves, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Vigo, 18 de marzo de 2014