Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15426

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (153/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 153/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Luis Hermida Guerra contra a empresa Horno Di Marta, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Que estimando a demanda formulada por José Luis Hermida Guerra contra a empresa Horno Di Marta, S.L, condénoa a lle aboar a cantidade de 7.012 euros, que lle debe en concepto de salarios, así como 701,20 euros en concepto de xuros de demora.

2º. O Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS e artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 153 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0153 12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para sirva de notificación en legal forma a Horno Di Marta, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2014

O secretario xudicial