Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15425

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (89/2010).

Lucía García González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario número 89/2010 seguido por instancia de Santander Consumer Iber Rent, S.L. fronte a Ramos y Dulces, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

No Porriño o 30 de novembro de 2010.

Vistos por min, Patricia López Arranz, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario promovido pola entidade Santander Consumer Ibert Rent, S.L., representada pola procuradora Mercedes de Miguel González e asistida polo letrado Luis Sanjiao García, fronte a Ramos y Dulces, S.L. (rebelde), procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

«Fallo que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Mercedes de Miguel González, en nome e representación de Santander Consumer Ibert Rent, S.L. contra Ramos y Dulces, S.L. e declaro a resolución do contrato de arrendamento de vehículo a longo prazo, subscrito o 18 de xuño de 2007 sobre o turismo Fiat Ducato 35 FG 2.3. MUL, matrícula 8303FRW, e condeno a demandada a que proceda á entrega posesoria e devolución á demandante do vehículo antes citado e a que aboe á demandante a cantidade de 14.843,71 euros, máis a cantidade que resulte de multiplicar o dobre de cada renda (sendo cada cota de 644,31 euros) por cada mes ou fracción de demora na devolución, máis os xuros de demora pactados ao 2 % desde a interposición da demanda, incrementados en dous puntos desde a data da sentenza.

Impóñense as custas á parte demandada».

E encontrándose o devandito demandado, Ramos y Dulces, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial