Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15423

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (380/2010).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario 380/2010, seguido por instancia de G.A.G. Internacional, S.L. fronte a Julia González Rodríguez, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Vigo, 13 de febreiro de 2014.

Vistos por min, Camiño Coello Diez, maxistrado xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número 10 dos desta cidade e o seu partido xudicial, os autos correspondentes a xuízo ordinario que se rexistrou baixo o número 380/2010, promovidos por instancia de instado G.A.G. Internacional, S.L., representado polo procurador dos tribunais José Fernández González contra Julia González Rodríguez, en situación procesual de rebeldía, e Antonio Vázquez Pintos, falecido, atendendo aos seguintes,

Decido.

Que debo admitir e admito integramente a demanda interposta por G.A.G. Internacional, S.L., representada polo procurador dos tribunais José Fernández González contra Julia González Rodríguez, e condeno esta última á cantidade de principal de 3.948,99 euros, cantidade que devindicará xuros por mora, establecidos na cláusula 5 do contrato.

Imponse o pagamento das custas á parte demandada.

Así mesmo, acórdase ter por desistido o demandante fronte a Antonio Vázquez Pintos, falecido.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta poderán interpor recurso de apelación, conforme o artigo 455.1 da LAC, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

(Segue sinatura do maxistrado xuíz).

E encontrándose a dita demandada, Julia González Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 19 de febreiro de 2014

O secretario xudicial