Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15421

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (407/2012).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial, do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo anuncio que no presente procedemento more uxorio 407/2012-CL seguido por instancia de María Herminia Arce Vila contra Avelar da Costa Coimbra, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 120.

Vigo, cinco de marzo de dous mil catorce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado co número 407/2012 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de María Herminia Arce Villa, representada pola procuradora dos tribunais María Mercedes Pérez Crespo e con asistencia letrada de Julio Maceira González, contra Avelar da Costa Coimbra, declarado en rebeldía procesual, e no calinterveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez Crespo, en nome e representación de María Herminia Arce Villa, como demandante, contra Avelar da Costa Coimbra, declarado en situación de rebeldía procesual, e na cal interveu o Ministerio Fiscal, facer os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Atribúese á Sra. Arce Villa a garda e custodia da filla menor e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. da Costa Coimbra satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 500 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Terceiro. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os cales estarán os gastos médicos non cubertos polo sistema sanitario público, pero non os libros nin o material escolar, matrícula escolar, comedor, transporte, uniformes ou actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte dias, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

E encontrándose o devandito demandado, Avelar da Costa Coimbra, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 17 de marzo de 2014

A secretaria xudicial