Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15419

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (509/2011-P).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo, Xulgado de Familia, certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba referidos, nos cales foi ditada a seguinte:

«Sentenza nº 27.

Vigo, vinte e oito de xaneiro de dous mil catorce.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), os presentes autos de procedemento sobre garda e custodia e alimentos respecto a fillo menor de idade nado en relación non matrimonial, seguidos co número 509/11, por instancia de Mª Luisa Álvarez Ferreira, veciña de Vigo, representada polo procurador Sr. Gallego Martín Esperanza, baixo a dirección técnica da letrada Sra. Iglesias Cordeiro, contra Adao Emilio Ferreira da Costa, declarado en situación procesual de rebeldía.

Con intervención do Ministerio Fiscal.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Estimando substancialmente como estimo a demanda presentada polo procurador Sr. Gallego Martín Esperanza, en nome e representación de Mª Luisa Álvarez Ferreira, contra Adao Emilio Ferreira da Costa, decretar as seguintes medidas definitivas en relación coa filla Gloria Ivonne:

O demandado deberá aboar en concepto de alimentos para a súa filla a suma de 200 euros ao mes, que debe ingresar, por mensualidades anticipadas, e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que a demandante designe para o efecto. Esta cantidade será actualizada anualmente, conforme a variación experimentada polo IPC en cómputo nacional e anual –referido ao ano inmediatamente anterior–, segundo certificación emitida para o efecto polo INE ou organismo que o substitúa.

Os gastos extraordinarios que orixine a filla serán sufragados por metade por ambos os proxenitores.

Todo iso, sen expresa declaración canto ás custas causadas.

Esta resolución, que se notificará ás partes, non é firme, e contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpor ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por este sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

Para que conste e sirva de notificación a Adao Emilio Ferreira da Costa, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 17 de marzo de 2014

A secretaria