Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15417

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4362/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 4362/2013 MCR desta sección, seguido por instancia de Novafrigsa, S.A. contra Fogasa, Adecco TT, S.A., Galiemprego ETT, S.L., Emprego Externo ETT, S.L., Óscar Marques Barreiro, sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Novafrigsa, S.A. contra a sentenza do 10 de setembro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, no procedemento 358/2013 sobre despedimento obxectivo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Procede declarar a perda do depósito constituído para recorrer. Impóñenselle as custas ao recorrente e condénase ao aboamento dos honorarios do letrado impugnante do recurso, na contía de 550 €.

Respecto dos aseguramentos prestados, deberanse manter ata o cumprimento da resolución impugnada ou ata que en execución de sentenza se acorde o que proceda.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que conste e que sirva de notificación ás empresas Galiemprego ETT, S.L. e Emprego Externo ETT, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial