Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1125/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Procedemento: autos núm. 1125/2013.

Sentenza.

A Coruña, 10 de marzo de 2014.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo nº 1125/2013, seguidos por instancia de Miguel Carro Vilalta, representado polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, contra a entidade Maderas Ameijenda, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado Alejandro Crespí Rodríguez, sobre despedimento.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Miguel Carro Vilalta contra Maderas Ameijenda, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 31 de agosto de 2013, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a Maderas Ameijenda, S.L. a que lle aboe ao demandante unha indemnización por despedimento a razón de de 2.340,26 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co núm. 47570000 código 36 e nº expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Maderas Ameijenda, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

A secretaria xudicial