Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15430

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (452/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 452/2013 por instancia de José Gonzalo Regueiro dos Santos contra Buzoneos Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Gonzalo Regueiro dos Santos, contra Buzoneos Galicia, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Buzoneos Galicia, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 261,45 euros, 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Buzoneos Galicia, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de marzo de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial