Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15007

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantia da unidade de mercado.

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión realizada o día 5 de marzo de 2014, adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 3.1, 5, 6, 7, 16, 17, 18, 19, 20, 21.2, 26, 27.1 e 6, 28, disposición adicional cuarta e décima, e disposición derradeira primeira, segunda, terceira e cuarta da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado.

2º. Designar un grupo de traballo para proporlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar o presente acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserilo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 5 de marzo de 2014

Cristóbal Montoro Romero
Ministro de Facenda e Administracións Públicas

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza