Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15005

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 9/2013, do 10 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autonoma de Galicia en relación coa Lei 9/2013, do 10 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión realizada o día 4 de marzo de 2014, adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co capítulo I do título III (artigo 23 e seguintes); o artigo 33.2, letras a), b) e c); o 41, letra f); o 47 e o 48.1 da Lei 9/2013, do 10 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar o presente acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserilo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 4 de marzo de 2014

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela

Ministro de Facenda e Administracións Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,

Públicas Administracións Públicas e Xustiza