Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15009

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 41/2014, do 20 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto construtivo para o sostemento de terras no contorno da AC-162, p.q. 0+600 (Sada) (clave AC/13/074.02).

Con data do 18 de decembro de 2013, a directora da Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto construtivo para o sostemento de terras no contorno da AC-162, p.q. 0+600 (Sada) (clave AC/13/074.02).

O mencionado proxecto ten por obxecto levar a cabo as obras necesarias para suxeitar un noiro na estrada AC-162, no contorno do p.q. 0+600, no concello de Sada, debido a que en xaneiro do ano 2013 se produciu unha inestabilidade no noiro da marxe esquerda da referenciada AC-162 (Sada-Bergondo).

A actuación resulta necesaria para a estabilización do citado noiro, mediante a construción de muros de coieira, camiños de obra e a substitución do firme.

A situación existente obriga a unha inmediata actuación dos poderes públicos para facer fronte aos problemas de seguridade viaria e de estabilidade na zona da AC-162. De aí a necesidade de proceder de xeito inmediato á execución do proxecto de referencia e, consecuentemente, a unha urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios, os cales aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

De conformidade co artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a aprobación dos proxectos de estradas de titularidade autonómica implicará a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e da adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras.

A competencia para declarar a urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia ao abeiro do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día vinte de marzo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto construtivo para o sostemento de terras no entorno da AC-162, p.q. 0+600 (Sada) (clave AC/13/074.02).

Santiago de Compostela, vinte de marzo de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente
En substitución por ausencia, Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza (Decreto 30/2014)

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas