Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15011

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo, con domicilio social na rúa Figueiras, 6, Milladoiro (Ames), representada por Jesús Fernández Gómez, solicitou ser inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 12 de marzo de 2014.

A solicitude foi presentada segundo o modelo inserido como anexo I do Decreto 45/2001 de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

– Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Decreto 45/2001, do 1 de febrero, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 19 de marzo de 2014 sobre a solicitude no cal se constata que a Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febrero. Polo anterior,

RESOLVO:

Que a Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 203.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012; DOG do 8 de febreiro)
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura