Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14326

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5842/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5842/2011 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 466/2011 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Ricardo José Pérez Saburido.

Avogada: Vanesa Rodríguez Fernández.

Procurador: José Martín Guimaraens Martínez.

Recorridos: Fogasa, Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A., Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radiotelevisión de Galicia, Laborman, ETT, S.A. –ahora Randstad Empleo, S.A.U. (antes Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A.)–.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 5842/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Ricardo José Pérez Saburido contra a empresa Fogasa, Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A., Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radiotelevision de Galicia, Laborman ETT, S.A. –ahora Randstad Empleo, S.A.U. (antes Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A.) sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Ricardo José Pérez Saburido contra a sentenza de data catorce de outubro do ano dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en proceso promovido polo recorrente fronte ás empresas Compañía de Radiotelevisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A. e Vedior Trabajo Temporal, ETT, S.A. e Laborman Empresa de Trabajo Temporal ETT, S.A., debemos revogar en parte a citada resolución e con estimación parcial do recurso debemos condenar e condenamos a empresa Compañía de Radiotelevisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A. a que, para os efectos de antigüidade, lle sexan computados ao demandante os servizos prestados como traballador temporal desde o 21 de decembro de 2005, con aboamento do complemento de capacitación e permanencia desde o 1 de abril de 2011, así como ao aboamento da contía resultante do dito complemento devindicado entre o 1 de abril de 2010 e o 31 de marzo de 2011, e mantense o resto de pronunciamentos da resolución de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala - sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Laborman ETT, S.A. (agora Randstad Empleo, S.A.U., antes Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A.), expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

A secretaria xudicial