Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14324

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4079/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4079/2013 MCR.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 10/2013 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Concello de Vigo (Pontevedra).

Avogado: letrado do Concello.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Recorridos: Fogasa, Voga Eventos, S.L., Silsande, S.L., Natalia Barreiro Fidalgo.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4079/2013 MCR desta sección, seguido por instancia do Concello de Vigo (Pontevedra) contra a empresa Fogasa, Voga Eventos, S.L., Silsande, S.L., Natalia Barreiro Fidalgo, sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Concello de Vigo contra a sentenza de 30.7.2013 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, a Sala confírmaa na súa totalidade, e condena a recorrente a aboarlle ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 600 € en concepto de honorarios.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala - sección aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a Silsande, S.L. e Voga Eventos, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de marzo de 2014

A secretaria xudicial