Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14328

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (1249/2009).

Ourense, trinta de decembro de dous mil dez.

Por medio do presente fago saber que nos autos de referencia foi ditada sentenza no 17 de decembro de 2010 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza. Ourense, dezasete de decembro de dous mil dez.

Vistos por María Luisa Vilela Pascual, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 4-Mercantil de Ourense, os autos de procedemento ordinario nº 1249/09 seguidos por instancia de Orvilux Electricidad, S.L., representado pola procuradora Sra. Ogando Vázquez e asistida polo letrado Sr. Barca Guitián, contra Antonio Álvarez Limia e Daniel García Fernández, administradores solidarios da compañía mercantil Estudio 12 Verín, S.L.; en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que, estimando a demanda formulada pola procuradora Sra. Ogando Vázquez en nome e representación de Orvilux Electricidad, S.L., contra Antonio Álvarez Limia e Daniel García Fernández, administradores solidarios da compañía mercantil Estudio 12 Verín, S.L., debo condenar e condeno aqueles a aboaren solidariamente á parte demandante a cantidade de 7.779,07 €, máis os xuros legais correspondentes desde a interposición da demanda ata o seu pagamento, con expresa imposición das custas á parte demandada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que cabe interpor recurso de apelación no improrrogable prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación ante este xulgado e para ante a Ilustrísima Audiencia Provincial de Ourense. De conformidade co establecido na D.A. 15ª da LOPX introducida pola LO 1/2009, do 3 de novembro, caso de ser impugnada a presente resolución, débese constituír depósito na contía prevista na devandita norma, salvo os casos exceptuados, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, indicando no campo “concepto” do comprobante de ingreso que se trata dun recurso, coa clave asignada ao presente xulgado. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en forma da sentenza do 17.12.2010 ao demandado rebelde Antonio Álvarez Limia, expido este edicto.

Ourense, 17 de decembro de 2010

O secretario xudicial