Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14330

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1128/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no Xulgado do Social número 1 da Coruña foi ditada resolución do 7 de marzo de 2014 dirixida a Soros Investiment Corporation Spain, S.L., e pódese interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Soros Investiment Corporation Spain, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2014

A secretaria xudicial