Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (107/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 107/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Caamaño del Río, Gloria Blanco Quintans contra a empresa Manuel Arcos Ferreiro, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución en data 26.11.2013, dirixida entre outros á empresa Manuel Arcos Ferreiro, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Manuel Arcos Ferreiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de marzo de 2014

A secretaria xudicial