Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14109

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (250/2012).

Estefanía Ave Prieto, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso número 250/2012, seguido por instancia de María Francisca Ferreira Villarino fronte a Alexander Barbosa, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Ponteareas o 17 de xaneiro de 2014.

Vistos por min, María del Pilar Cao Fernández, os presentes autos de divorcio contencioso número 250/2012, seguidos a instancia de María Francisca Ferreira Villarino, representada pola procuradora Nieves Fernández Suárez e baixo a dirección letrada de Susana Valverde, fronte a Alexander Barbosa, declarado en situación procesual de rebeldía.

Seguen os antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada pola procuradora Nieves Fernández Suárez, en nome e representación de Mª Francisca Ferreira Villarino, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Mª Francisca Ferreira Villarino e por Alexander Barbosa, acordándose a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se impoñen as custas a ningunha das partes.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño dela ao encargado do rexistro civil correspondente, co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíquese a presente ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados a partir daquela tivese lugar, para ser resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra, sendo necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acorda, manda e asina».

E encontrándose o devandito demandado Alexander Barbosa, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este da sentenza ditada.

Ponteareas, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial