Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (411/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 411/2013 por instancia de Emilio M. Fernández Pose contra Trebalugue, S.L., Administración Concursal e Fogasa, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decisión que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Emilio M. Fernández Pose contra a entidade Trebalugue, S.L., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Trebalugue, S.L. e a súa administración concursal a que lle aboe o demandante a cantidade de 4.202 € brutos polas diferenzas salariais devindicadas entre xaneiro de 2012 e maio de 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais e, de ser o caso, os fixados no artigo 59 da Lei concursal (Lei 22/2003, do 19 de xullo) desde o 29 de outubro de 2012.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Trebalugue, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial