Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14107

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (344/2012).

Begoña García de Andoin Jorquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, polo presente, anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Ricardo Bragaña Otero fronte a José Coto Riveira ditouse sentenza o 12.12.2013, que se transcribe na súa parte necesaria e é do teor literal seguinte:

Xuízo ordinario 344/13.

Encabezamento.

Sentenza: 107/2013.

Procedemento ordinario 344/2012.

Xuíza que a dita: Elena Calleja Curros.

Lugar: A Estrada.

Data: doce de decembro de dous mil trece.

Demandante: Ricardo Bragaña Otero.

Avogado: José Carlos Palmou Cibeira.

Procurador: Francisco Javier Fernández Somoza.

Demandado: José Coto Riveira, en situación de rebeldía procesual.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada pola representación de Ricardo Bragaña Otero fronte a José Coto Riveira, en situación de rebeldía procesual, e declaro que Ricardo Bragaña Otero e Josefa Magariños Ares, son lexítimos propietarios do predio n° 406 do plano de concentración parceira de Santa Cristina de Vea, A Estrada, descrito no feito primeiro desta demanda, e inscrito no Rexistro da Propiedada Estrada no tomo 396, libro 295, folio 203, do municipio da Estrada, predio n° 34.435, ao telo adquirido mediante prescrición adquisitiva producida conforme os requisitos legalmente establecidos.

Desestímanse o resto das pretensións da demanda.

Todo iso sen expresa imposición das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas en legal forma.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da súa notificación, logo de consignación de depósito de 50 euros conforme o disposto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenza.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa, Elena Calleja Curros, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no local do xulgado, e no mesmo día da súa data. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Jose Coto Riveira, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese, asínase e sélase o presente, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Estrada, 12 de decembro de 2013

A secretaria xudicial