Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, mediante este edicto fago saber que no presente procedemento ordinario 332/12, seguido por instancia de Ángel Borja Fernández fronte a María Beatriz Gómez Cerdeira, Julio Javier Valero Rodríguez, Jaime Cerdeira Veloso e Aurora Lago Bergón, ditouse sentenza do teor literal seguinte:
«Sentenza nº 199/13.
Vigo, 17 de outubro de 2013.
Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 332/2012 se seguen por instancia de Ángel Borja Fernández, representado polo procurador Félix Hombría Gestoso e dirixido polo letrado Federico Mintegui Hinojosa, contra Jaime Cerdeira Veloso, Aurora Lago Bergón, Javier Valero Rodríguez e María Beatriz Gómez Cerdeira, declarados en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto una acción declarativa de dominio e de rectificación do Rexistro da Propiedade.
Resolución
Estimo totalmente a demanda formulada por Ángel Borja Fernández, contra de Jaime Cerdeira Veloso, Aurora Lago Bergón, Julio Javier Valero Rodríguez e María Beatriz Gómez Cerdeira, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:
1º. Declaro que Ángel Borja Fernández é propietario, ao telo adquirido por prescrición extraordinaria, do predio destinado a praza de garaxe, sito nos baixos dos edificios 83 e 85 da rúa Urzáiz, de Vigo, cuxa descrición é a seguinte: “parcela número oitenta e tres, de doce metros, sesenta decímetros cadrados. Linda: norte, co muro que a separa do patio da casa número 6 da Vía Norte, construída por Segundo Alonso; sur, zona de paso e manobra; leste, parcela número oitenta e dous, e oeste, parcela número oitenta e catro”. Parcela inicialmente sinalada co número 94.
O devandito predio figura actualmente inscrito no Rexistro da Propiedade a nome dos demandados, podendo o demandante proceder á inscrición rexistral do seu dereito, rectificando aquela inexactitude. Para tal fin, firme que quede a presente resolución, líbrese testemuño dela e entrégueselle ao demandante, para que lle poida servir de título para aquel efecto.
2º. Condeno os demandados a pagar as custas do presente proceso.
Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 20 días.
Así o acordo, mando e asino».
E atopándose ditos demandados, María Beatriz Gómez Cerdeira, Julio Javier Valero Rodríguez, Jaime Cerdeira Veloso e Aurora Lago Bergón, en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin de que lles sirva de notificación en forma.
Vigo, 13 de xaneiro de 2014
O secretario xudicial