Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14103

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6170/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 6170/2011//MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 848/2009 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrente: Jesús García Fortes.

Avogado: Francisco Javier Gamero Esquivel.

Recorrido: administración concursal Construcciones Vipomar, S.L.

Avogado: Alipio Santiago Nieto.

Recorrido: Construcciones Vipomar, S.L.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6170/2011 desta sección, seguido por instancia de Jesús García Fortes contra a empresa Construcciones Vipomar, S.L., a administración concursal Construcciones Vipomar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou sentenza de data 14.2.2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que estimando o recurso de suplicación interposto por Jesús García Fortes contra a sentenza de data vinte e nove de xuño de dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra en autos 848/2009, seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Construcciones Vipomar, S.L., a administración concursal da referida empresa e o Fondo de Garantía Salarial, revogamos parcialmente esta e condenamos a empresa Construcciones Vipomar, S.L. a aboar ao Sr. García Fortes a cantidade de 8.751,35 €, incrementada nos xuros que se fixan no fundamento de dereito terceiro desta.

Confírmase a libre absolución do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala no banco Banesto número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vipomar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de marzo de 2014

A secretaria xudicial