Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14101

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4411/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4411/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 23/2009 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: Servizo Público de Emprego Estatal.

Recorrido: Francisco Abeleira Mañana.

Avogado: Francisco Manuel Pampín Miras.

Recorrido: administración concursal Apemasa.

Recorrido: Avícola Pérez Maciñeira, S.A. (Apemasa).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4411/2011 formulado polo Servizo Público de Emprego Estatal, seguido por instancia de Francisco Abeleira Mañana fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal, a empresa Avícola Pérez Maciñeira, S.A. (Apemasa) e a administración concursal Apemasa, sobre desemprego, se ditou sentenza con data 30 de xaneiro de 2014 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Juan Amado Domínguez, en nome e representación do Servizo Público de Emprego Estatal, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de data dezaseis de maio de dous mil once ditada polo Xulgado do Social número 3 dos da Coruña en proceso número 23/2009, promovido por Francisco Abeleira Mañana contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Avícola Pérez Maciñeira, S.A. (Apemasa) e a súa administración concursal, Andrés Caso Martínez e Julio Lois Boedo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto número
1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala no banco Banesto número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Avícola Pérez Maciñeira, S.A. (Apemasa), en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de marzo de 2014

A secretaria xudicial