Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14099

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

AUTO (7414/2011).

Auto: 63/2014.

Procedemento: procedemento ordinario 7414/2011 J.A.

Sobre: responsabilidade patrimonial da Administración.

De: Seponsur, S.L.

Letrado: Jesús Antonio Fernández Suárez.

Procuradora: Elena Miranda Osset.

Contra: Ministerio do Interior.

Letrado: avogado do Estado.

Presidente: Ignacio Aranguren Pérez.

Maxistrados:

Julio Cibeira Yebra-Pimentel.

Juan Bautista Quintas Rodríguez.

Francisco Javier Cambón García.

Blanca María Fernández Conde.

A Coruña, dez de marzo de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Único. Por resolución de data 21.1.2014 requiriuse o recorrente por medio do DOG por nove días para que emendase o defecto apreciado, falta de postulación, baixo apercibimento de que, en caso de non o facer, se procedería sen máis a arquivar as actuacións. O recorrente deixou transcorrer o prazo concedido sen emendar o defecto apreciado.

Fundamentos de dereito.

Único. Establécese no artigo 23 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa que ante os órganos colexiados desta xurisdición será precisa a postulación integrada pola representación por medio de procurador e pola dirección dun avogado colexiado en todo tipo de reclamacións que non correspondan ao ámbito da materia estatutaria de funcionarios e, cando deste obxecto se trate, non constitúa o recurso unha resolución que leve aparellada a separación do servizo.

No presente caso o obxecto é unha reclamación patrimonial, o que inclúe esta dentro dos supostos en que é necesaria a postulación antes mencionada.

Apreciada a carencia procesual citada, de conformidade co establecido no artigo 45.3 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, requiriuse formalmente ao recorrente para que emendase o defecto apreciado, sen que o fixese a pesar de transcorrer o prazo legal de dez días, polo que procede o arquivamento das actuacións e levar nota ao libro rexistro.

Neste sentido, establece o artigo 128.1 que os prazos son improrrogables e que se terá por caducado o dereito e por perdido o trámite que tivese deixado de utilizarse. Non obstante, admitirase o escrito que proceda e producirá os seus efectos legais se se presentar dentro do día en que se notifique a resolución, salvo cando se trate de prazos para preparar ou interpor recursos.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación a este suposto,

Parte dispositiva.

Declárase o arquivamento do presente procedemento ao non se ter comparecido o recorrente malia que este foi emprazado polo DOG e unha vez firme a presente resolución procédase ao arquivamento das actuacións no mazo que lle corresponda, logo das oportunas anotacións nos libros de rexistro desta sección. Non obstante, admitirase o escrito que proceda e producirá os seus efectos legais se se presentar dentro do día en que se notifique a resolución, salvo cando se trate de prazos para preparar ou interpor recursos.

– Notifíquese a presente resolución polo DOG.

– Unir certificación literal ao recurso e o orixinal ao libro rexistro correspondente.

Modo de impugnación.

Recurso de reposición no prazo de cinco días desde a notificación, que deberá ser interposto ante este mesmo órgano xudicial. Para a interposición do dito recurso de reposición deberá constituírse un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta en Banesto, conta número 1578-0000-85-7414-11, e deberase consignar no campo concepto «recurso» seguida do código «-- Contencioso-reposición» e indicando nos seguintes díxitos número e ano de procedemento.

Así o acordan, mandan e asinan os señores anotados na marxe ante min, o/a secretario/a xudicial, que dou fe.