Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12599

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (529/2012).

Procedemento: xuízo verbal 529/2012.

Demandante: Baygar, S.L.

Procurador: José Luis Gómez Feijoo.

Avogado: Javier Lois Bastida.

Demandado: Promociones Canela y Mar.

Carolina Vázquez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, pola presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 529/2012 seguido por instancia de Baygar, S.L. fronte a Promociones Canela y Mar, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

Sentenza 51/2013.

En Cambados o 29 de abril de 2013.

Que ditou, Olga Martín Álvarez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados e o seu partido xudicial, nos presentes autos correspondentes ao xuízo verbal nº 529/2012 seguidos por instancia de Baygar, S.L. representada polo procurador José Luis Gómez Feijoo e baixo a asistencia letrada de Javier Lois Bastida, fronte a Promociones Canela y Mar, S.L., que non compareceu despois de de ter sido debidamente citada, polo que se declarou en situación procesual de rebelde.

Decido que se estima integramente a demanda interposta por Baygar, S.L., representada polo procurador José Luis Gómez Feijoo, e baixo a asistencia letrada de Javier Lois Bastida, fronte a Promociones Canela y Mar, S.L., que se declarou en situación procesual de rebeldía, e se condena a entidade demandada ao pagamento de 3.593,83 euros e ao aboamento dos xuros legais procedentes devindicados desde o día 20 de novembro de 2012 ata o completo pagamento.

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta procede interpoñer recurso de apelación, segundo o establecido no artigo 455 da LAC, igualmente é de aplicación o establecido nos artigos 501 e seguintes da LAC, relativos á rescisión das sentenzas ditadas en rebeldía.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.