Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12601

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1339/2012).

Nº de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1339/2012.

Demandante: José Manuel Gacio Loureiro.

Avogada: Marta Conejo Gutiérrez.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1339/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Gacio Loureiro contra o Fondo de Garantía Salarial, a empresa Barbeito y Cía., S.L., administración concursal de Barbeito y Cía., S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda por despedimento obxectivo formulada por José Manuel Cacio Loureiro contra a entidade Barbeito y Cía., S.L., e a súa administración concursal. En consecuencia, debo absolver e absolvo á empresa demandada de todos os pedimentos formulados na súa contra, e confirmo o despedimento obxectivo do traballador efectuado o 27 de outubro de 2012.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Barbeito y Cía., S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de marzo de 2014

A secretaria xudicial