Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12603

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (713/2008).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 713/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Quintana Rodríguez contra a empresa Concello de Santiago de Compostela, Patricia Sabela Rivas Lorenzo, Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L., Arasti Barca M.A., S.L. e Evenculsa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que se dá a Sandra María Quintana Rodríguez por desistida da demanda de procedemento ordinario interposta fronte a Patricia Sabela Rivas Lorenzo e fronte a Evenculsa, S.L., e decrétase o sobresemento deste procedemento respecto das codemandadas.

Que, aceptando substancialmente a demanda interposta por Sandra María Quintana Rodríguez contra Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L., Arasti Barca M.A., S.L. e o Concello de Santiago de Compostela, debo condenar e condeno, como consecuencia da cesión ilegal operada, as demandadas Concello de Santiago de Compostela e Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. a que de forma conxunta e solidaria lle aboen á demandante a suma de 1.153,26 euros e ás demandadas Concello de Santiago de Compostela e Arasti Barca M.A., S.L. a que de forma conxunta e solidaria lle aboen á demandante a suma de 51.426,74 euros.

Notifíqueselles ás partes esta resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Evenculsa, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao/á destinatario/a que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

A secretaria xudicial