Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12597

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4479/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4479/2011 /MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 814/2008 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrente: José Carlos Leis Parada e outros.

Graduada social: Matilde Mallo Nieves.

Recorrido: Diego Comendador Alonso.

Recorrido: Construcciones Orivan, S.L.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4479/2011 desta sección, seguido por instancia de José Carlos Leis Parada e outros contra a empresa Edificaciones Orivan, S.L., Diego Comendador Alonso, administrador concursal de Edificaciones Orivan, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución de data 24 de febreiro de 2014 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola graduada social Matilde Mallo Nieves, en nome e representación de Javier Pérez Sampedro, José Carlos Leis Parada, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, Antonio Vigo Blanco, Maximino Alborés Díaz e Ricardo Enrique Santone, contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, de data 19 de maio de 2011, ditada en autos número 814/2008, seguidos por instancia de Javier Pérez Sampedro, José Carlos Leis Parada, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, Antonio Vigo Blanco, Maximino Alborés Díaz e Ricardo Enrique Santone contra Edificaciones Orivan, S.L., Diego Comendador Alonso (administrador concursal de Construcciones Orivan, S.L.) e o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala no banco Banesto número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Orivan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial